CPI Tino Grandío e IES Lucus Augusti

CPI Tino Grandío e IES Lucus Augusti
os nosos centros escolares

28 jun 2010

Datos obtidos das enquisas


Se queredes ver os datos obtidos sobre os diferentes apeiros agrícolas entre o alumnado do IES Lucus Augusti e o CPI Tino Grandío terás que premer neste enlace pois, dado o seu tamaño, non nos foi posible insertar aquí todo o documento. A enderezo onde temos o documento é a seguinte: http://www.tecnolucus.es/GALEGO/apeiros.pdf

14 jun 2010

Revisión das enquisas


Xa se rematou de revisar e clasificar case toda a información obtida das enquisas nos dous centros e estamos no proceso de organizala e comezar a subila a este blog para que poidamos vela.

30 mar 2010

Entrega das enquisas

Esta última semana de marzo entregáronse as enquisas que consistían nunha relación de 44 apeiros de labranza que o informante do alumno/a debe nomear e describir cal é o seu uso. A tal efecto cada alumno/a ten unha folla coa imaxe dos apeiros e outra con espazo para o nome e uso de cada un deles. Loxicamente cada informante debe quedar identificado co seu nome, parroquia e concello de procedencia así, posteriormente, poderemos ver as diferentes formas e usos de cada un dos apeiros escollidos.

10 mar 2010

Inicio deste blog

No día de hoxe creamos o blog http://tinoelucus.blogspot.com para recoller nel o traballo conxunto do alumnado de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO do CPI Tino Grandío de Guntín e o de 1º de Bacharelato do IES Lucus Augusti de Lugo.
Imos traballar sobre a lingua galega na nosa zona centro de Lugo e máis en concreto nos nosos concellos Lugo e Guntín de Pallares. Polo tanto iniciaremos un proxecto colaborativo que esperamos dea moi bos froitos ao longo deste curso.