Tino e Lucus
Este é o blog dun traballo colaborativo entre alumnado do CPI Tino Grandío e o IES Lucus Augusti.
CPI Tino Grandío e IES Lucus Augusti
20 jun 2011
Traballo sobre os nomes dos paxaros na comarca de Lugo
Este traballo foi realizado polo alumnado do IES Lucus Augusti de Lugo, nun intento de recoller os diferentes nomes que podemos atopar para os paxaros entre o alumnado que asiste ao noso centro. Podedes ver a base de datos desde este enlace.
30 may 2011
Traballo curso 2010-2011
Neste curso nos centros IES Lucus Augusti e mais no CPI Tino Grandío seguimos afondando no vocabulario tradicional galego, neste caso sobre o mundo das aves. A tal fin en ambos centros estivemos traballando diferentes aspectos deste anorme campo léxico.
No IES Lucus Augusti centrámonos nas diferentes denominacións das aves nas nosas localidades de orixe partindo dunha serie de ilustracións.
No CPI tino Grandío, en cambio, dado que o alumnado é dunha mesma zona e non hai grandes variantes no léxico, buscamos as expresións que puidemos atopar sobre aves e paxaros.
Proximamente colgaremos neste blog o traballo feito en cada un dos nosos centros escolares
28 jun 2010
Datos obtidos das enquisas
Se queredes ver os datos obtidos sobre os diferentes apeiros agrícolas entre o alumnado do IES Lucus Augusti e o CPI Tino Grandío terás que premer neste enlace pois, dado o seu tamaño, non nos foi posible insertar aquí todo o documento. A enderezo onde temos o documento é a seguinte: http://www.tecnolucus.es/GALEGO/apeiros.pdf
14 jun 2010
Revisión das enquisas
30 mar 2010
Entrega das enquisas
Esta última semana de marzo entregáronse as enquisas que consistían nunha relación de 44 apeiros de labranza que o informante do alumno/a debe nomear e describir cal é o seu uso. A tal efecto cada alumno/a ten unha folla coa imaxe dos apeiros e outra con espazo para o nome e uso de cada un deles. Loxicamente cada informante debe quedar identificado co seu nome, parroquia e concello de procedencia así, posteriormente, poderemos ver as diferentes formas e usos de cada un dos apeiros escollidos.
10 mar 2010
Inicio deste blog
No día de hoxe creamos o blog http://tinoelucus.blogspot.com para recoller nel o traballo conxunto do alumnado de Proxecto Interdisciplinar de 1º de ESO do CPI Tino Grandío de Guntín e o de 1º de Bacharelato do IES Lucus Augusti de Lugo.
Imos traballar sobre a lingua galega na nosa zona centro de Lugo e máis en concreto nos nosos concellos Lugo e Guntín de Pallares. Polo tanto iniciaremos un proxecto colaborativo que esperamos dea moi bos froitos ao longo deste curso.
Imos traballar sobre a lingua galega na nosa zona centro de Lugo e máis en concreto nos nosos concellos Lugo e Guntín de Pallares. Polo tanto iniciaremos un proxecto colaborativo que esperamos dea moi bos froitos ao longo deste curso.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)